xoves, 30 de marzo de 2017

CAMBIOS NA BIBLIOTECA

Durante este curso estamos a realizar profundos cambios na Biblioteca.


Por unha banda, estamos recatalogando todos os fondos bibliográficos, para poder localizar eficazmente os documentos a través do catálogo dixital, engadindo palabras clave e completando a información de cada rexistro.

Por outra banda, estamos procedendo a reubicalos e ordenalos sistemáticamente.para poder atopar estes documentos de xeito rápido. 

Como se trata dun proceso lento e longo, terán que convivir os dous sistemas de ordenación ata que se remate o proceso, polo que vos pedimos disculpas por todas as molestias que vos poidan ocasionar.

Ante calquera dúbida, suxestión ou queixa, podedes contactar co coordinador da Biblioteca (Gustavo) por email (biblioteca@easd.es), ou no horario establecido (podédelo consultar na entrada da Biblioteca).

Para máis información sobre os cambios que se están a realizar, podedes premer na seguinte ligazón:





mércores, 8 de marzo de 2017

Día Internacional da Muller Traballadora

A Biblioteca da EASD Mestre Mateo lembra que hoxe se celebra o Día Internacional da Muller Traballadora.

O tema proposto para este ano polas Nacións Unidas é " As mulleres nun mundo laboral en transformación: cara un planeta 50-50 en 2030".

Propoñémosvos consultar o especial realizado polo Consello da Cultura Galega, premendo na seguinte ligazón:

Especial Consello da Cultura Galega


martes, 21 de febreiro de 2017

CHARLA


A Biblioteca organiza unha charla sobre propiedade intelectual, referencias e citas bibliográficas (seguindo a norma APA).
A cita será o vindeiro venres 24 de febreiro, de 11:00 a 12:00 aproximadamente, a cargo de Diego Maseda Seco.
Consideramos que che poderá resultar de moita utilidade para os teus traballos académicos presentes e futuros.


martes, 7 de febreiro de 2017

Semana da Cultura Chinesa

Durante esta semana, a biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela realiza unha serie de actividades dentro da Semana da Cultura Chinesa. 
Botade unha ollada á axenda na seguinte ligazón: 
Axenda da Biblioteca Ánxel Casal

martes, 8 de novembro de 2016

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas - 2016

Por terceiro ano consecutivo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza "Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas".
O obxectivo principal é o fomento do galego no ámbito científico, especialmente no relativo á divulgación científica, realizando unha serie de actividades na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Este ano, a arquitecta Isabel Aguirre de Urcola foi a responsable do "Manifesto" a favor da ciencia en galego nas bibliotecas.



Díptico informativo 

Manifesto