Para rematar a celebración da Semana das Letras Galegas, a Biblioteca colaborou co Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Escola (Galteo).
Para máis información sobre a actividade, e ver fotografías dos participantes, podedes premer na seguinte ligazón:
Perfil de Facebook da EASD Mestre Mateo
B I B L I O T E C A
venres, 19 de maio de 2017
mércores, 17 de maio de 2017
Día das Letras Galegas
A Biblioteca súmase á celebración do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Carlos Casares.
Podedes consultar o especial do Consello da Cultura Galega premendo na seguinte ligazón:
Especial Día das Letras Galegas
Podedes consultar o especial do Consello da Cultura Galega premendo na seguinte ligazón:
Especial Día das Letras Galegas
luns, 3 de abril de 2017
Libros para descargar
Dende o Departamento de Moda propóñenvos consultar estas dúas ligazóns, onde podedes descargar libremente do MET (The Metropolitan Museum of Art of New York) libros sobre Moda ou sobre Historia da Arte en xeral.
Botádelles unha ollada, que seguro que vos resultan de interese.
xoves, 30 de marzo de 2017
CAMBIOS NA BIBLIOTECA
Durante este curso estamos a realizar profundos cambios na Biblioteca.
Por unha banda, estamos recatalogando todos os fondos bibliográficos, para poder localizar eficazmente os documentos a través do catálogo dixital, engadindo palabras clave e completando a información de cada rexistro.
Por outra banda, estamos procedendo a reubicalos e ordenalos sistemáticamente.para poder atopar estes documentos de xeito rápido.
Como se trata dun proceso lento e longo, terán que convivir os dous sistemas de ordenación ata que se remate o proceso, polo que vos pedimos disculpas por todas as molestias que vos poidan ocasionar.
Ante calquera dúbida, suxestión ou queixa, podedes contactar co coordinador da Biblioteca (Gustavo) por email (biblioteca@easd.es), ou no horario establecido (podédelo consultar na entrada da Biblioteca).
Para máis información sobre os cambios que se están a realizar, podedes premer na seguinte ligazón:
mércores, 8 de marzo de 2017
Día Internacional da Muller Traballadora
A Biblioteca da EASD Mestre Mateo lembra que hoxe se celebra o Día Internacional da Muller Traballadora.
O tema proposto para este ano polas Nacións Unidas é " As mulleres nun mundo laboral en transformación: cara un planeta 50-50 en 2030".
Propoñémosvos consultar o especial realizado polo Consello da Cultura Galega, premendo na seguinte ligazón:
Especial Consello da Cultura Galega
O tema proposto para este ano polas Nacións Unidas é " As mulleres nun mundo laboral en transformación: cara un planeta 50-50 en 2030".
Propoñémosvos consultar o especial realizado polo Consello da Cultura Galega, premendo na seguinte ligazón:
Especial Consello da Cultura Galega
martes, 21 de febreiro de 2017
CHARLA
A Biblioteca organiza unha charla sobre propiedade intelectual, referencias e citas bibliográficas (seguindo a norma APA).
A cita será o vindeiro venres 24 de febreiro, de 11:00 a 12:00 aproximadamente, a cargo de Diego Maseda Seco.
Consideramos que che poderá resultar de moita utilidade para os teus traballos académicos presentes e futuros.
martes, 7 de febreiro de 2017
Semana da Cultura Chinesa
Durante esta semana, a biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela realiza unha serie de actividades dentro da Semana da Cultura Chinesa.
Botade unha ollada á axenda na seguinte ligazón:
Axenda da Biblioteca Ánxel Casal
Botade unha ollada á axenda na seguinte ligazón:
Axenda da Biblioteca Ánxel Casal
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)